Volven convocar na Pastoriza o concurso de fotografía sobre a muller rural

TerraChaXa
No concurso pode enviar calquera persoa sen importar o seu lugar de orixe
concurso-muller-rural-pastoriza
21 sep 2024

Por sexto ano, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, o Concello da Pastoriza aposta por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, polo que volve a convocar o concurso Muller Rural da Pastoriza.

No concurso pode enviar calquera persoa sen importar o seu lugar de orixe e a temática consiste en imaxes de mulleres rurais do Concello no seu lugar de traballo, labores diarios, de temática libre. A fotografía enviarase a través do perfil de Facebook ou enviando ao enderezo electrónico creado para a ocasión: concursofotografiapastoriza@gmail.com; colocándolle un título para a fotografía e poñendo a parroquia de orixe da fotografía onde foi feita.

As fotografías poden enviarse ata o 9 de outubro cando se publicarán e poderán votarse dándolle a “me gusta” ata o día 15, xornada na que se celebra o Día Internacional da Muller Rural.

0.069353103637695