Volven organizar en Begonte un obradoiro sobre Muller e Saúde

O Concello de Begonte organiza un obradoiro de Muller e Saúde dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde e terá lugar na casa da cultura de Begonte.
O día escollido para a celebración é o 23 de novembro en horario de 16.30 a 20.30.
Os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.
Na programación falarse de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio.
O prazo de inscrición está aberto e esta pode facerse no propio concello, nos teléfonos 982 396 143 ou 619 455 026 (whatsapp) ou no correo deportes@concellodebegonte.es.