Xa hai data para a nova edición da Feira do Poldro de Muras
TerraChaXa
Esta feira destaca polas súas carreiras e a súa degustación de hamburguesas e chourizos de poldro
30 Aug 2024
O Concello de Muras organizará o 22 de setembro a XXXVI edición da Feira do Poldro e do Gando do Monte considerada hoxe en día unha Festa de Interese Turístico Galego xa que, ano tras ano xera un importante movemento de animais e de ganderías, con exemplares, criadores e criadoras que proceden de diferentes puntos de Galicia, para participar tanto na compra e na venda, como nos certames e actividades incluídas na programación da feira.
A falta de que se publique o programa, esta feira destaca polas súas carreiras, tanto para os afeccionados como as federadas, e a súa degustación de hamburguesas e chourizos de poldro a cargo de Puraga. Ademais da música e os xogos para os máis pequenos.
Espérase un éxito igual ca o resto dos anos.