O colectivo cultural Avelino Díaz vén de facer público o resultado dos gañadores da sexta edición do Certame de Debuxo e Poesía do mesmo nome, convocado por los concellos de Meira e Riotorto.
A convocatoria estivo dividida en varias categorías. Entre os máis pequenos, de 3 a 8 anos, a disciplina foi o debuxo e o vencedor foi Mara Campos Nogueira con Mosaico de Avelino, seguida de Hafsa Rezkaoui, por Avelino e Daniela Pirata, e Erik Arredondo Marín, con O barco de Avelino. Tamén e concedeu un accésit a Xiana Paz Val por Primavera en Meira II.
En poesía, na categoría de 9 a 12 anos, o traballo Pronto rompera a cadea de Guillermo Quintero foi a gañadora á que acompañaron Que é a familia?, de Alexandra López Álvarez, e A miña aldea, de Alejandro Reigosa Ramallal.
Na categoría C, de 13 a 17 anos, houbo só un premio, para Rut Busto Domíngue por Respiro, respira.
O xurado estivo formado por Xosé Otero Canto, Silvina Gallo Gabín e Natalia Lema Otero con Agustín Méndez Moirón como secretario.