Xa hai gañadores do certame Avelino Díaz

TerraChaXa | AMariñaXa
O colectivo cultural Avelino Díaz vén de facer público o resultado dos gañadores da quinta edición do Certame de Debuxo e Poesía.
certame poesia debuxo avelino diaz 2023
10 Xuño 2023

O colectivo cultural Avelino Díaz vén de facer público o resultado dos gañadores da sexta edición do Certame de Debuxo e Poesía do mesmo nome, convocado por los concellos de Meira e Riotorto.

A convocatoria estivo dividida en varias categorías. Entre os máis pequenos, de 3 a 8 anos, a disciplina foi o debuxo e o vencedor foi Mara Campos Nogueira con Mosaico de Avelino, seguida de Hafsa Rezkaoui, por Avelino e Daniela Pirata, e Erik Arredondo Marín, con O barco de Avelino. Tamén e concedeu un accésit a Xiana Paz Val por Primavera en Meira II.

En poesía, na categoría de 9 a 12 anos, o traballo Pronto rompera a cadea de Guillermo Quintero foi a gañadora á que acompañaron Que é a familia?, de Alexandra López Álvarez, e A miña aldea, de Alejandro Reigosa Ramallal.

Na categoría C, de 13 a 17 anos, houbo só un premio, para Rut Busto Domíngue por  Respiro, respira.

O xurado estivo formado por Xosé Otero Canto, Silvina Gallo Gabín e Natalia Lema Otero con Agustín Méndez Moirón como secretario.

0.094329118728638