Xa hai gañadores do concurso de Entroido de Guitiriz

TerraChaXa
O xurado do concurso de Entroido, convocado polo Concello de Guitiriz e a asociación Xermolos emitiu o seu fallo.
XURADO CONCURSO GUITIRIZ ENTROIDO
XURADO CONCURSO GUITIRIZ ENTROIDO
18 Feb 2021

O xurado do concurso de Entroido, convocado polo Concello de Guitiriz e a asociación Xermolos emitiu o seu fallo en función dos vídeos e fotos presentados.

Tras proceder á valoración dos disfraces e mecos presentados ao concurso, as persoas do xurado estimaron que o nivel medio dos traballos presentados é bo e que se cumpriu o obxectivo básico desta convocatoria que, como figuraba nas súas bases, era vivir o Entroido dende a casa, debido a situación de pandemia que estamos a vivir.

Unha vez valorados todos os traballos presentados o xurado decidiu que os seguintes desfraces e mecos son merecedores de premio conforme as bases:

O premio para o disfraz mellor elaborado foi para Os Ciencitolos; o máis orixinal para Vítimas ou culpables; o máis humorístico para Cocorrío e a súa mamá; o máis musical para Xa se foi, e o mellor meco outorgouse a  Meco-Barcinas... tómalle outra!!!.

Cada unha das categorías anteriormente citadas, son os gañadores do tradicional goxo de Antroido composto por : cacheira, chourizos,lacón, grelos, fariña, anís, fariña e unha botella de viño. Os menores participantes levan un obsequio.

O xurado estivo formado pola alcaldesa, Marisol Morandeira; o coordinador de Xermoilos, Alfonso Blando, e o directivo do Iescha Manolo Castro Santamariña.

0.18047904968262