Xardín de verán entre tormentas e sol
Por David Alamparte
Estamos a ter uns días entre tormentas e sol, o que fai que o noso céspede e herba da finca medre día a día, tamén hai que ter en conta e moito, as plagas que dabondo estamos surtidos.
Coa Vespa Velutina hai que ter ollo se vades a desbrozar como facemos nos a cotío, en lugares donde xa o ano pasado tiverades nidos e como aquí na Mariña de Lugo un dos poucos concellos no que se tomaron as medidas necesarias foi o do Valaudouro no que apenas temos xa nidos, no resto pois deberíades poñer careta de apicultor para protexer a cabeza e o pescozo e usar lubas, e se sodes alérxicos, nunca estar só e sempre ca adrenalina gardada no peto.
Poucas son as prevencións para estes bichos que o mes pasado outro veciño noso perdía a vida por culpa de esta plaga que esta estendida na mariña de lugo na súa totalidade. Tede moita precaución. Tede ollo co pulgón nas maceiras, melocotoneiros, sobre todo nos frutais, limoeiros e naranxeiras, pillan pulgón e logo moita formiga, no verán aparecen moito follas encollidas, amarelas e secas, toca previr cun isecticida combinado cun aceite.
Tamén ter enconta os insectos intrusos que podedes ver na horta, nas plantas, canto máis antes detectes un problema mais rápido será de convatilo, os fungos e un enemigo muy casual nas nosas árbores ou horta, tamén caracois como nos poñen as leitugas…
Por outro lado este é un mes de calor abafante para o noso horto e flores o mes que quizais máis auga vamos gastar porque temos que regar, as leitugas, as fresas, pementos etc, xa que o pouco que nos chove o único que nos fai e sair malas herbas tanto no horto como no céspede, e non temos moitas cousas para convatilas nada mais que agacharse e arricalas.
Este é tamén un mes de poda de setos de folla verde, plantas trepadoras, rosais (só retirar os chupóns), e sacarlle as rosas marchitas que así as axudaremos e moito na súa renovación e floración tanto aos rosais, como margaridas, xeranios etc…
Non vos descuidedes das pragas, coa Velutina tede moito coidado a hora de ir desbrozar, revisade a zona antes e protexedevós. Nos esquezades de regar ás noites ou a primeira hora da mañá de seguro que a vosa horta o agradecerá e da gusto ver como medra todo neste mes para logo despois poder sentar a mesa e probar as cousas da casa que é o mellor que hai, e logo manter as fincas limpias e arredores das casas para prevención.