Xermade abre o prazo para inscribirse no campamento de verán

TerraChaXa
Terá lugar entre o 29 de xullo e o 16 de agosto en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas
campamento-acampada-veran
Imaxe de arquivo
4 Xul 2024

O Concello de Xermade organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 3 a 16 anos de idade durante os períodos de vacacións escolares de verán no programa Xermade Concilia 2024.

O campamento terá lugar entre o 29 de xullo e o 16 de agosto en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, agás os días 12 e 15 de agosto que son festivos locais. No caso de que haxa excursións, a hora de recollida dos nenos será ás 21.00.

Durante o mesmo, que terá lugar na nave de Momán, desenvolveranse actividades artísticas, obradoiros, pintura, música e saídas á praia e a Cerceda, ademais dunha pernocta.

As prazas son limitadas e a inscrición abre hoxe ata o 11 de xullo. Debe facerse a través do rexistro do Concello.

Darase máis información a través do teléfono 678 744 178.

0.19487619400024