Xermade abre o prazo para inscribirse nun novo campamento de verán

O Concello de Xermade organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 3 a 16 anos de idade durante os períodos de vacacións escolares de verán no programa Xermade Concilia 2026.
O campamento terá lugar entre o 17 de xullo e o 14 de agosto en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, agás os festivos locais. No caso de que haxa excursións, a hora de recollida dos nenos será ás 19.00 e ás 21.00 horas.
Durante o mesmo, que terá lugar na nave de Momán, desenvolveranse actividades artísticas, obradoiros, pintura, música e saídas á praia e a Cerceda, ademais dunha pernocta.
As prazas son limitadas e a inscrición pecharase o 14 de xullo. Debe facerse a través do rexistro do Concello.
Darase máis información a través do teléfono 678 744 178.