Xermade acolle un Curso de Introducción á Lingua e á Cultura Galegas

TerraChaXa
As clases impartiranse na Biblioteca Municipal de Xermade en horario de 16.00 a 18.30 horas, os días 28, 29 e 30 de setembro; e 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro
lingua-galego
27 Aug 2026

O Concello de Xermade anuncia a marcha dun Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas, unha iniciativa formativa de carácter presencial dirixida a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego, polo que non se require ter coñecementos previos para participar.

A actividade consta dun total de 20 horas de formación nas que se abordarán cuestións como o vocabulario e as expresións básicas para o día a día, nocións de pronunciación, gramática e ortografía, comunicación oral e escrita, así como aspectos fundamentais da cultura, historia, tradicións, música e gastronomía de Galicia. Tras completar o curso, os participantes recibirán un diploma oficial emitido pola Xunta de Galicia.

As clases impartiranse na Biblioteca Municipal de Xermade en horario de 16.00 a 18.30 horas. O calendario do curso distributerase entre os meses de setembro e outubro, concretamente os días 28, 29 e 30 de setembro, e os días 2, 5, 6, 7 e 9 de outubro.

O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 10 de setembro. As persoas interesadas poden anotarse na propia Biblioteca Municipal ou no Concello, a través da educadora familiar. Para solicitar máis información sobre o proceso de matrícula, a organización pon a disposición dos veciños os números de teléfono 678 744 178 e 982 501 055.

0.12646818161011