Xermade acollerá un obradoiro sobre envellecemento activo promovido por Afalu Alzheimer

TerraChaXa
A iniciativa busca abordar conceptos clave e factores que inflúen no benestar durante a etapa adulta
envellecemento-activo
17 May 2026

A asociación Afalu Alzheimer continúa este mes de maio coa súa campaña de promoción do envellecemento activo a través dunha serie de obradoiros que se desenvolverán en distintos municipios, como Abadín, Triacastela e Xermade.

A iniciativa busca abordar conceptos clave e factores que inflúen no benestar durante a etapa adulta, facendo especial fincapé na importancia do coidado da saúde física e mental. Ademais, durante as sesións trataranse estratexias básicas para manter a enerxía, a motivación e a calidade de vida no día a día.

No caso de Xermade, a actividade celebrarase o este xoves 21 de maio ás 17.00 horas na Escola Habaneira de Roupar. Dende a organización animan á veciñanza a participar nesta proposta formativa e de sensibilización aberta ao público.

As inscricións poden realizarse a través do código QR incluído no cartel anunciador ou chamando ao teléfono 678 744 178, correspondente á educadora familiar encargada da actividade.

O programa conta coa colaboración de distintas entidades e organismos vinculados ao ámbito sociosanitario e á promoción do benestar das persoas maiores.

0.11810994148254