Xermade celebra este sábado a Festa da Xuventude e o tradicional xantar popular

TerraChaXa
O Concello de Xermade recupera o 15 de abril a súa Comida Popular, que levaba sen celebrarse desde o ano 2019.
comida popular festa xuventude xermade portada
comida popular festa xuventude xermade portada
15 Abr 2024

O concello de Xermade celebra este sábado, 20 de abril, a súa Comida Popular, que está organizada pola comisión de festas de Xermade deste ano no polideportivo municipal. Comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú amenizada co dúo Caramelo, para a continuación dar paso ao gran xantar popular.

Despois do xantar terá lugar a Festa da Xuventude co mesmo dúo. O menú da festa consta de paella, tenreira asada e sobremesa, ademais de pan, viño, refrescos, auga, café e chupito. Terá un prezo de 30 euros para os adultos, 15 para os nenos de entre 6 e 12 anos e gratis para os máis cativos.

Para apuntarse haberá que mercar os tiquets, ata o 16 de abril, no bar Casal, bar O Pita, restaurante O Paso e bar Boucello.

Completará a festa un sorteo de agasallos e tamén inchables para os pequenos.

Os que desexen apuntarse poden facelo cos membros da comisión.

0.1811740398407