Xermade celebra o 25N con actividades para promover a igualdade e rexeitar a violencia de xénero

TerraChaXa
O domingo 24 de novembro, ás 11:30 horas, dará comezo unha andaina contra a violencia que partirá da praza do Concello
25n-xermade
21 Nov 2024

O Concello de Xermade conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun completo programa de actividades que se desenvolverán os días 24 e 25 de novembro.

O domingo 24 de novembro, ás 11:30 horas, dará comezo unha andaina contra a violencia que partirá da praza do Concello, cunha distancia aproximada de 7 quilómetros. Esta actividade busca implicar á cidadanía nunha acción simbólica de rexeitamento á violencia de xénero.

O luns 25 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar a lectura dun manifesto institucional diante do Concello, seguida dun minuto de silencio en memoria das vítimas.

Durante toda a xornada do mesmo día, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Xermade participará en diversos obradoiros de sensibilización contra a violencia de xénero, unha iniciativa educativa que pretende concienciar ás novas xeracións sobre a importancia de previr e erradicar este tipo de violencia.

Estas actividades están financiadas con cargo aos créditos do Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

0.1662220954895