Xermade celebra o Día das Bibliotecas cunha obra teatral sobre William Shakespeare
O Concello de Xermade celebrará o Día das Bibliotecas cunha actividade teatral moi especial este xoves, 24 de outubro, ás 10:00 horas na Biblioteca Municipal. A obra, titulada Os contos de William Shakespeare, do grupo Pedras de Cartón, que ofrecerá unha aproximación lúdica e innovadora ás pezas máis recoñecidas do dramaturgo inglés.
A través dun enfoque adaptado a toda a familia, o espectáculo presentará unha reinterpretación de tres das obras máis emblemáticas de Shakespeare, Romeo e Xulieta, contada mediante teatro de obxectos; Otelo, onde os personaxes serán representados por chamativas e coloridas letras e Hamlet, transformada nunha comedia orixinal cun xogo de cartas no que ninguén pode gañar.
Esta actividade está promovida dentro do programa Dinamiz-ARTj, impulsado polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).