Xermade celebra o Día das Bibliotecas cunha obra teatral sobre William Shakespeare

TerraChaXa
A través dun enfoque adaptado a toda a familia, o espectáculo presentará unha reinterpretación de tres das obras máis emblemáticas
pedras-de-carton-contos-de-william-shakespeare
23 Out 2024

O Concello de Xermade celebrará o Día das Bibliotecas cunha actividade teatral moi especial este xoves, 24 de outubro, ás 10:00 horas na Biblioteca Municipal. A obra, titulada Os contos de William Shakespeare, do grupo Pedras de Cartón, que ofrecerá unha aproximación lúdica e innovadora ás pezas máis recoñecidas do dramaturgo inglés.

A través dun enfoque adaptado a toda a familia, o espectáculo presentará unha reinterpretación de tres das obras máis emblemáticas de Shakespeare, Romeo e Xulieta, contada mediante teatro de obxectos; Otelo, onde os personaxes serán representados por chamativas e coloridas letras e Hamlet, transformada nunha comedia orixinal cun xogo de cartas no que ninguén pode gañar.

Esta actividade está promovida dentro do programa Dinamiz-ARTj, impulsado polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).

values22 18: Array
(
    [user_id] => 0
    [session_id] => 
    [ip] => 3.239.97.34
    [status] => 200
    [site_id] => 3
    [lang] => en
    [lang_code] => en_US
    [browser] => desconocido
    [device] => desktop
    [bot] => 
    [operating_system] => desconocido
    [url_anterior] => 
    [url] => https://terrachaxa.com/news/xermade-celebra-o-dia-das-bibliotecas-cunha-obra-teatral-sobre-william-shakespeare/83309/
    [cp_id_anterior] => 
    [cp_id] => 83309
    [date_gmt] => 2024-11-05 13:12:41
    [load_time] => 0.17711901664734
    [views] => 1
)
0.18848586082458