Xermade celebra un ano máis a súa Festa das Persoas Maiores o día 11

O Concello de Xermade celebrará o venres 11 de setembro a súa tradicional Festa das Persoas Maiores, que chega nesta ocasión á súa edición número XXI.
A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal, que comezará ás 14.30 horas.
Pola tarde haberá baile e o tradicional recoñecemento ao home e a muller de maior idade.
O menú da comida terá un custe de 15 euros para os veciños do concello e para os que non estean empadroados en Xermade, o custe da inscrición é de 30 euros.
O prazo para anotarse xa está aberto ata o 4 de setembro e pode facerse no propio consistorio de 9 a 14.00 horas.