Xermade celebra un ano máis a súa Festa das Persoas Maiores o día 6

TerraChaXa
A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal
festa-persoas-maiores-xermade
20 Ago 2024

O Concello de Xermade celebrará o  venres 6 de setembro a súa tradicional Festa das Persoas Maiores, que chega nesta ocasión á súa edición número XIX.

A celebración dará comezo ás 13.30 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida do xantar no pavillón municipal, que dará comezo ás 14.30 horas. Pola tarde haberá baile amenizado polo dúo Venus e o tradicional recoñecemento ao home e a muller de maior idade.

O menú da comida, que terá un custe de 15 euros para os veciños do concello, contará con xamón, polbo, carrilleiras, torta de queixo, café e bebidas. Para aqueles que desexen asistir e non estean empadroados en Xermade, o custe da inscrición é de 30 euros.

O prazo para anotarse xa está aberto ata o 30 de agosto e pode facerse no propio consistorio de 9 a 14.00 horas.

0.13274312019348