Xermade contará este verán con campamento

TerraChaXa
O Concello de Xermade organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 3 a 16 anos de idade do 26 de xullo ao 12 de agosto.
campamento veran xermade portada
campamento veran xermade portada
18 Xuño 2022

O Concello de Xermade organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 3 a 16 anos de idade durante os períodos de vacacións escolares de verán no programa Xermade Concilia 2022.

O campamento terá lugar entre o 26 de xullo e o 12 de agosto en horario de mañá, de 9.00 a 14.00. horas, agás o día 8 de agosto, que é festivo local, para un máximo de 50 pequenos.

Durante o mesmo, que terá lugar na carballeira de Momán, desenvolveranse actividades artísticas, obradoiros, pintura, música e saídas á praia e a Cerceda, ademais dunha festa cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable.

As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse entre o 4 e o 12 de xullo, a través do rexistro do Concello.

Darase máis información a través do teléfono 678 744 178.

campamento veran xermade
0.19358491897583