Xermade continúa este vernes co IX Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales, que conta con tres proxeccións

TerraChaXa
Este venres 23 de outubro proxectarase 'Bodegón con fantasmas', ás 18.30 horas na Biblioteca de Xermade
cine-mulleres-rurais-xermade
22 Oct 2026

Continúa en Xermade o IX Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que busca visibilizar o papel das mulleres no medio rural a través do cine.

A programación desenvólvese entre o 15 de outubro e o 15 de novembro e permite a chegada ao municipio de tres proxeccións en diferentes espazos. A primeira foi o xoves 15 de outubro, coincidindo co Día da Muller Rural, coa película La buena suerte.

O ciclo continuará este venres 23 de outubro coa proxección de Bodegón con fantasmas, ás 18.30 horas na Biblioteca de Xermade.

Nunha pequena vila da Mancha, entre viñedos e terras de cereais, os vivos enfróntanse ás dificultades do día a día mentres os fantasmas lidan cos seus propios sinsabores. Unha historia que mestura humor e realidade para achegarnos á vida cotiá no rural.

A terceira película, Lo que queda de ti, proxectarase o sábado 31 de outubro, ás 18.00 horas, na Escola Habanera de Roupar.

A iniciativa pretende achegar ao público historias, experiencias e realidades vinculadas ás mulleres rurais, empregando o cine como ferramenta para compartir reflexións e contribuír ao seu recoñecemento e posta en valor.

As tres sesións forman parte dunha programación nacional que combina actividades presenciais e en liña arredor do Día Internacional das Mulleres Rurais.

0.14647603034973