Xermade convoca a súa carreira popular anual para o día 21

TerraChaXa
O prazo de inscrición, que xa está aberto, pode facerse na web www.carreirasgalegas.com antes do martes 6 de outubro
carreira-popular-xermade
4 Oct 2026

O sábado 10 de outubro terá lugar a XIII Carreira Popular organizada polo Concello de Xermade a partir das 17.30 horas, con saída da praza do Concello e discorrerá por un circuíto de 3.250 metros.

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

O circuíto constará de 6,5 quilómetros e será sobre asfalto e camiños de terra. Haberá diferentes categorías atendendo á idade. Comezarán ás 17.30 cos máis pequenos, os pitufos, cun percorrido de 150 metros ata a xuvenil, que ten hora de saída ás 18.00 e percorrerán 6,5 quilómetros como os adultos, que iniciarán a carreira á vez.

Entre ambas categorías haberá catro máis con diferentes percorridos para os diferentes tramos de idade,

O prazo de inscrición, que xa está aberto, pode facerse na web www.carreirasgalegas.com antes do martes 6 de outubro as 23.59h.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. Na categoría de Pitufos e Promoción haberá medallas para todos os participantes.  Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.

Nas categorías dende Sub-10 ata Máster C: trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo. Tamén haberá premio para os tres primeiros clasificados da xeral e ao primeiro home e muller de Xermade.

A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18.45 horas.

Os participantes contarán con aparcadoiro gratuíto, camiseta para a de adultos, baños na zona de saída-chegada, recollida de dorsais e imperdíbeis, vestiarios e duchas no pavillón municipal, roupeiro custodiado por voluntarios da organización, avituallamento ao final de cada carreira e ambulancia con médico.

 

0.15985417366028