Xermade: Equilibrio de forzas cun concelleiro que marca quen será o alcalde

TerraChaXa
Dúas listas concorren a estas eleccións neste ano 2023, as mesmas que actualmente se reparten o pastel da corporación municipal de Xermade.
alcalde e cabeza lista pp xermade
alcalde e cabeza lista pp xermade
26 Maio 2023

Dúas listas concorren a estas eleccións neste ano 2023, as mesmas que actualmente se reparten o pastel da corporación municipal. O PSOE, que foi a forza máis votada nos anteriores comicios faino por medio do seu alcalde, Roberto García, mentres que o PP revalidou a súa confianza en Antonio Riveiro, que xa se presentou hai catro anos. Repartíronse os escanos entre os dous pero foi o líder socialista o que se quedou coa maioría por un único concelleiro. Polo de pronto esta situación promete repetirse xa que o BNG, que qeudou sen representación en 2019, non se presenta.

PSOE

O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, é novamente o candidato socialista ás próximas eleccións municipais do 28 de maio. “Quero facer realidade a construción do museo da tornería, un centro de día e un novo centro social en Xermade”, subliñou o rexedor e candidato.

Roberto García explicou que ao longo destes anos “fixemos un gran esforzo cumprindo con practicamente todo o programa electoral que levamos no ano 2019”. Entre as actuacións acometidas, aludiu ó asfaltado e aglomerado de vías, melloras de pistas agrícolas e forestais, arranxos de beirarrúas, novos parques infantís, depósitos de auga para granxas e extinción de incendios, novas captacións de auga e mellora da rede municipal, cambio de luminarias por outras de baixo consumo, mellora de locais sociais, de campos de fútbol, saneamentos ou a ampliación do parque de maquinaria para mantemento e conservación de estradas e dotacións municipais, entre outras.

PARTIDO POPULAR

Antonio Riveira foi presentado polo PP como candidato co obxectivo de recuperar a Alcaldía, pois os populares xa estiveron máis de 20 anos á fronte do goberno local de Xermade. Riveira xa formou parte do equipo de goberno durante 12 anos, nos que liderou a Concellería de obras e exerceu como voceiro municipal.

Un dos obxectivos do candidato popular é buscar solucións rápidas e efectivas aos veciños. “Sinto a necesidade de axilizar os trámites municipais para axudar aos nosos veciños e empresas”. Riveira explica a necesidade de garantir os servizos mínimos do Concello nas súas distintas competencias, en concreto ao saneamento e acondicionamento de vías.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Roberto García Pernas
2. José Prieto Barro
3. Carlos Alberto Guerra González
4. Verónica Amarelo Morado
5. Nélida Coira Pena
6. Santiago Silva Guizán
7. Carlos Guerreiro Prieto
8. Marta María López Pardo
9. Álvaro García Iglesia
Suplentes
1. Olga Iglesia Cideres
2. Martín Tomás García Joven
3. María Del Pilar Gómez Gato
4. María Dolores Vérez López

PP

1. Antonio Riveira Requeijo
2. Sandra de Bernardo Eimil
3. José Luis Vilasuso Paz
4. Laura Romero Gato
5. Rubén Amarelo Paz
6. María Isabel Barro Millor
7. Jesús López Orosa
8. Rocío Jiménez Miguel
9. Manuel Prieto Bello
Suplentes
1. Isabel Campello Ares
2. José Gato Galego
3. María Alicia Guerrero Ferrando
4. Luis Pena Carballo
5. Josefa Pires Rodríguez
6. Andrés Ares Ameijide
7. Ramón Eugenio Otero Otero
8. Antonio Currás Paz
9. Alberto Pena Criado
10. Francisco López Pena

xermade1519
PP XERMADE PRESENTACION PROGRAMA
presentacion canidatura xermade psoe 7 5 2023
0.1874418258667