Xermade escolle aos gañadores dos concursos das Letras Galegas e Xermadeando pola igualdade

TerraChaXa
A entrega de premios será o mércores día 26 de xuño, ás 16.45 horas xunto a un espectáculo de Charo Pita
premiados-concursos-xermade
Os premiados
21 Xuño 2024

O xurado fixo público o resultado dos concursos de debuxo e narración organizados con motivo das Letras Galegas, así como da primeira edición do Certame Xermadeando pola igualdade.

No primeiro caso, na especialidade de debuxo as gañadoras na categoría A (ata 8 anos) foron Uxía Cazás Pardiñas (6 anos), Mara Piñeiro Campo (5 anos) e Elena Gato Ares (8 anos).

Na B (9 a 11) o primeiro premio recaeu en Gael Otero Gómez (10 anos), seguido de Raúl Pérez Amarelo (9 anos) e Martina Fernández Salgado (9 anos).

Na C (+12) só houbo unha gañadora, Icía Ledo Maceira (12 anos)

En narración venceu na primeira categoría Mariña Domínguez Naveiras. Na B os premios foron para Martina Fernández Salgado e Anastasia Arribas Vega. Compeltaron o cadro de honra
Alba González Romero e Sarai Paz Prieto, da categoría C.

Dúas das premiadas no certame das Letras Galegas xermadés fórono tamén na fase provincial levando os terceiros premios da súa categoría en narración, Mariña Domínguez Naveiras, na categoría A, e a Alba González Romero, na C.

No Certame Xermadeando pola igualdade, os traballos gañadores foron os presentados por Luka Otero Gómez, Noa Iglesia Piñeiro e Uxía Cazás Pardiñas na categoría A. Na B, foron para Elena Gato Ares, Martina Fernández Salgado e Martín Canto Folgueira.

Completaron a listaxe Lois Martínez Bermúdez, Gael Otero Gómez e Sara Amarelo Roca.

A entrega de premios será o mércores día 26 de xuño, ás 16.45 horas na biblioteca muncipal. A continuación terá lugar o espectáculo de Charo Pita, A cabeza a paxaros.

Na presentación que fai na súa web di que "é unha sesión de contos cheíña de historias do máis bobas protagonizadas por personaxes que, parecendo parvos, resultan do máis listos. Relatos de humor, enxeño, intriga e un chisquiño de medo sobre xente que anda coa cabeza a paxaros."

0.20499300956726