Xermade instala un punto de información de emprego

TerraChaXa
O Concello de Xermade vén de instalar na entrada da casa consistorial un Punto de Información Multimedia do Servizo Público de Emprego.
punto informacion emprego xermade portada
9 Mar 2021

O Concello de Xermade vén de instalar na entrada da casa consistorial un Punto de Información Multimedia do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Nel, os usuarios poderán renovar ou reactivar a súa demanda de emprego nas datas indicadas no seu Darde, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal.

punto informacion emprego xermade
0.20343804359436