Xermade organiza este sábado unha xornada de Samaín

O Concello de Xermade, en colaboración coa ANPA do CEIP de Xermade, organiza unha xornada especial para celebrar o Samaín este sábado 31 de outubro. A cita terá lugar ás 17.30 horas no Pavillón Municipal, onde as criaturas máis terroríficas se reunirán para gozar dunha tarde entre sustos, risas, merenda e moita diversión.
A actividade está dirixida especificamente ás crianzas empadroadas no municipio de Xermade, ao alumnado matriculado no CEIP de Xermade e aos seus irmáns e irmás.
Todas as persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición previa a través de WhatsApp no teléfono 678 744 178. O prazo para formalizar o rexistro permanecerá aberto ata o vindeiro luns 26.