Xermade organiza unha excursión co título 'Ferrol en Igualdade 2026'

O Concello de Xermade celebrará o domingo 14 de xuño a actividade Ferrol en Igualdade 2026, unha excursión cultural e de convivencia que permitirá ás persoas participantes coñecer distintos espazos emblemáticos da cidade ferrolá desde unha perspectiva de igualdade.
A saída terá lugar ás 09:30 horas desde a Praza do Concello de Xermade. Ao longo da xornada visitarase Cabo Prior e a praia de Outeiro, ademais de realizar unha visita guiada baixo o título Ferrol en feminino, centrada na historia e no papel das mulleres na cidade. O programa inclúe tamén un percorrido para coñecer as coñecidas Meninas de Canido.
A comida celebrarase no restaurante La Frontera e terá un custo de 20 euros por persoa. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 10 de xuño no teléfono 678 744 178.
O Concello informou de que as prazas son limitadas e que terán prioridade as persoas empadroadas en Xermade.
Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.