Xermade organiza unha serie de actividades para conmemorar o Día da Muller

TerraChaXa
O concello de Xermade ten previsto realizar unha serie de actividades tendo en conta o Día da Muller, que se desenvolverán entre o 10 e 0 19 de marzo.
23 Feb 2018

O concello de Xermade ten previsto realizar unha serie de actividades tendo en conta o Día da Muller, que se desenvolverán entre o 10 e 0 19 de marzo.

Así, o día 10 de marzo para facer fincapé na situación laboral das mulleres e nas condicións nas que se atopan determinados traballos haberá unha charla de Ana García, de FEMLEGAL cunha ponencia sobre este tema. A Actividade farase no local da asociación veciñal de Cabreiros previa á cea. A continuación, haberá como sempre cea entre todas as mulleres asistentes, baile e sorteo de agasallos.

O martes 13 de marzo, estará de novo con Haydeé Castillo, presidenta do institituto de Liderazgo Las Segovias de Nicaragua, presidenta do Foro de Mulleres para a integración Centroamericana e do Caribe
Realizarase unha xornada de merenda compartida. As persoas que queiran poden levar algo para compartir (bebida ou comida). Os interesados deben contactar coa educadora familiar (Manuela 678744178 ou 982501001).

Abrirá tamén a exposición Mulleres coidadoraas, unha exposición cedida pola ONG Sólida Cooperación e que forma parte dun proxecto de investigación da Universidade da Coruña que se denomina Diseminar. Esta exposición de fotografía plasma ás mulleres nicaragüenses, avoas que quedan no país de orixe coidando a nenos e nenas con discapacidade mentres as nais están en España buscando unha saída laboral. Situación que moitas mulleres poderán recoñecer de cando foi a emigración tamén aquí en Galicia, tantas mulleres que tiveron que deixar as súas crianzas a cargo doutros familiares, normalmente as avoas. Falarase do impacto social e económico que isto ten na sociedade, impacto que non se mide, datos que non constan.

O luns 19 de marzo, presentarse o documental Como el sol, al mediodía, de Lucía Rodríguez Fernández, de Mugardos. Trátase dunha peza que conta a experiencia de 6 mulleres que ingresaron na facultade despois dos 50 anos e as trabas que tiveron que superar condicionadas pola súa idade e xénero. Esta actividade contará coa presenza de Isabel López Yáñez e Mª Jesús Gato Ramos, dúas mulleres de Xermade de máis de 50 anos, que estudian na Universidade Senior de Ferrol e que nos contarán a súa experiencia. Esta actividade tamén é para todos os públicos.

0.182776927948