Xermade organiza unha visita ao Roq Park Aventura de Viveiro

TerraChaXa
O Concello de Xermade organiza para a mocidade local unha viaxe ao Roq Park Aventura de Viveiro, que terá lugar o día 4 de abril.
EXCURSION ROQ PARK XERMADE PORTADA
EXCURSION ROQ PARK XERMADE PORTADA
29 mar 2023

O Concello de Xermade organiza para a mocidade local unha viaxe ao Roq Park Aventura de Viveiro, que terá lugar o día 4 de abril coincidindo coa Semana Santa.

Os participantes sairán ás 14.30 horas da praza da Concello. A inscrición remata o día 30 de marzo e esta pode facerse no teléfono 678 744 178 con prioridade para os empadroados.

O prezo será de entre 15 e 12 euros para os menores de 13 anos e entre 20 e 15 para adultos e maiores de esa idade. Tamén se permite a inscrición como acompañantes, que non terán que aboar a entrada.

Roqsport é unha empresa de ocio, actividades de aventura e servizos deportivos, ubicada en Viveiro, desde o ano 2002, organizando e ofrecendo multitude de servizos de turismo activo, actividades deportivas, organización integral de eventos, campamentos de verán, escolas deportivas, etc.

O parque é un lugar de ocio ó aire libre, nun entorno espectacular, rodeado de natureza, circuitos entre os árboles, tirolinas e un montón de actividades.

O fin da excursión é coñecer os catro circuitos que se habilitan entre o arboredo e que teñen diferente dificultade: o primeiro circuito ten sete xogos e remata nuna tirolina, o segundo é de maior lonxitude, mentres que as pasarelas do terceiro e do cuarto conectan entre sí. A dificultad medra a medida que se sube de nivel e la única limitación para completarlos é a altura á hora de acceder, dado que a liña de vida está situada a determinada altura, polo que as persoas que non a alcancen terán que ir a outra zona.

EXCURSION ROQ PARK XERMADE