Xermade participa no IX Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales con tres proxeccións

O Concello de Xermade participará no IX Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que busca visibilizar o papel das mulleres no medio rural a través do cine.
A programación desenvolverase entre o 15 de outubro e o 15 de novembro e chegará ao municipio con tres proxeccións en diferentes espazos. A primeira será o xoves 15 de outubro, coincidindo co Día da Muller Rural, coa película La buena suerte, que se poderá ver ás 20.00 horas no Centro da Tornería.
O ciclo continuará o venres 23 de outubro coa proxección de Bodegón con fantasmas, ás 18.30 horas na Biblioteca de Xermade. A terceira película, Lo que queda de ti, proxectarase o sábado 31 de outubro, ás 18.00 horas, na Escola Habanera de Roupar.
A iniciativa pretende achegar ao público historias, experiencias e realidades vinculadas ás mulleres rurais, empregando o cine como ferramenta para compartir reflexións e contribuír ao seu recoñecemento e posta en valor.
As tres sesións forman parte dunha programación nacional que combina actividades presenciais e en liña arredor do Día Internacional das Mulleres Rurais.