Xermade presenta o seu programa polo Día da Muller

TerraChaXa
O Concello de Xermade presentou o programa de actos que ten preparado para a celebración do Día Internacional da Muller, que se festexa o 8 de marzo.
25 Feb 2024

O Concello de Xermade presentou o programa de actos que ten preparado para a celebración do Día Internacional da Muller, que se festexa o 8 de marzo.

A primeira actividade terá lugar o 6 de marzo no CEIP Plurilingüe de Xermade e leva por título Rapazas de conto. Contos para a igualdade. Trátase dun espectáculo de narración oral no que se fomentan os valores da igualdade a través de contos nos que as rapazas desenvolven un papel activo. Esta actividade está financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

O segundo acto previsto é a tradicional Cea da Muller de Xermade, que se celebrará o sábado 9 de marzo no Bar restaurante O Paso, en Candamil, e que contará coa actuación de Verónica Cambón. O prezo é de 20 euros para as mulleres da localidade e 25 para as de fóra. A cea dará comezo ás 21.30 horas.

As persoas que desexen inscribirse deberán facelo no Concello ata o 5 de marzo xa que as prazas son limitadas.

0.15800809860229