Xermade remata este sábado o IX Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, que conta con tres proxeccións

Continúa en Xermade o IX Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que busca visibilizar o papel das mulleres no medio rural a través do cine.
A programación en toda España desenvólvese entre o 15 de outubro e o 15 de novembro e permite a chegada ao municipio de tres proxeccións en diferentes espazos. A primeira foi o xoves 15 de outubro, coincidindo co Día da Muller Rural, coa película La buena suerte. O ciclo continuou o venres 23 de outubro coa proxección de Bodegón con fantasmas, ás 18.30 horas na Biblioteca de Xermade.
A terceira película, Lo que queda de ti, proxectarase este sábado 31 de outubro, ás 18.00 horas, na Escola Habanera de Roupar.
Tras a repentina morte do seu pai, Sara (Laia Manzanares) deixa atrás a súa prometedora carreira como pianista de jazz en Nova York e regresa á súa vila natal, nos Pireneos oscenses.
A iniciativa pretende achegar ao público historias, experiencias e realidades vinculadas ás mulleres rurais, empregando o cine como ferramenta para compartir reflexións e contribuír ao seu recoñecemento e posta en valor.
As tres sesións forman parte dunha programación nacional que combina actividades presenciais e en liña arredor do Día Internacional das Mulleres Rurais.