Xermade ten en exposición pública o inventario de camiños
No BOP núm. 114 de 18/05/2024, publicouse o anuncio de Trámite de Información Pública do inventario de camiños de Xermade.
As persoas interesadas poden presentar alegacións nun prazo de 30 días hábiles, ata o 28 de xuño.
A documentación pode ser examinada por calquera persoa interesada de forma presencial nas dependencias municipais (2º andar, Salón de Plenos) ou telematicamente, tanto na sede electrónica https://concelloxermade.sedelectronica.es/info.0 como na
páxina web do concello https://www.xermade.org/caminos-2024/.
A arquitecta municipal atenderá presencialmente e sen cita previa, cada mércores dentro do período de información pública, en horario de 11:30 a 14:30 horas.
O documento modelo de alegacións pode descargarse na web do concello.