Xermade ten en exposición pública o inventario de camiños

TerraChaXa
As persoas interesadas en presentar alegacións teñen un prazo de 30 días hábiles, ata o 28 de xuño.
mapa-xermade
Mapa de Xermade
22 Maio 2024

No BOP núm. 114 de 18/05/2024, publicouse o anuncio de Trámite de Información Pública do inventario de camiños de Xermade.

As persoas interesadas poden presentar alegacións nun prazo de 30 días hábiles, ata o 28 de xuño.

A documentación pode ser examinada por calquera persoa interesada de forma presencial nas dependencias municipais (2º andar, Salón de Plenos) ou telematicamente, tanto na sede electrónica https://concelloxermade.sedelectronica.es/info.0 como na
páxina web do concello https://www.xermade.org/caminos-2024/.

A arquitecta municipal atenderá presencialmente e sen cita previa, cada mércores dentro do período de información pública, en horario de 11:30 a 14:30 horas.

O documento modelo de alegacións pode descargarse na web do concello.

0.17925405502319