Xermade amplía a programación do Día da Muller

TerraChaXa
O Concello conmemorará o Día da Muller o sábado 7 de marzo cunha cea que dará comezo ás 21.
62e0e252 e670 426c 80dd 95d2cd73f5d4
4 Mar 2020

O Concello conmemorará o Día da Muller o sábado 7 de marzo cunha cea que dará comezo ás 21.00 horas no local da asociación de veciños de Cabreiros. A comida está ao cargo do restaurante O Paso, en Candamil e estará amenizada pola actuación da solita Begoña García.

Haberá un sorteo de agasallos como todos os anos. O prazo para inscribirse para a cea remata o 5 de marzo e ten que facerse no propio Concello. O xantar ten un prezo de 15 euros para as mulleres de Xermade e de 20 para as foráneas.

Previamente, este venres terá lugar a proxección da curtametraxe As tres caídas de María Santiso, da productora coruñesa Melgo Cinema e protagonizado por Lucía Veiga. Trátase dunha curta na que se fai referencia á problemática do rural galego.

Será ás 20.00 horas na biblioteca de Xermade. Trala proxección haberá un coloquio sobre familia, fogar e muller co director e parte do elenco.

xermade3
0.17979502677917