Xermade xa ten os gañadores do certame de poesía da biblioteca

TerraChaXa

A biblioteca de Xermade fixo público o resultado do concurso do certame de poesía infantil Nadal 2022 na súa fase local.

11 ene 2023

A biblioteca de Xermade fixo público o resultado do concurso do certame de poesía infantil Nadal 2022 na súa fase local.

Así, na categoría de ata 8 anos, resultaron vencedores Estela Fernández Piñeiro, Artai García Carballeira e Abby Otero Gómez con accésit para Adriana Pintor Fato.

Na categoría B, de 9 a 11 anos, o primeiro premio foi para Lorenzo Pintor Fato, ao que seguiron Yara Djitte Ares e Gael Otero Gómez.  No grupo de 12 a 16 anos os premios foron para Inés Fernández Piñeiro, Aroa Blanco Priego e Sarai Paz Prieto.

Aínda non hai data de entrega de galardóns, pero xa se sabe que os gañadores participarán na fase provincial.