Xermolos convoca o XLV Certame Terra Chá de creación infantil

TerraChaXa
Xermolos ven de abrir o prazo para o XLIII Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil, concurso vinculado ao Festival de Pardiñas.
25 Apr 2024

A asociación Xermolos de Guitiriz ven de abrir o prazo para o XLV Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil, un concurso vinculado ao Festival de Pardiñas. Poderán participar obras nas seguintes especialidades: contos, debuxo, poesía, teatro, documentais, fotografía, cómic, murais, grafiti, vídeo-creación, improvisación oral, regueifas e rap.

Haberá dous grupos de premios da mesma calidade e cantidade, uns para os alumnos dos centros educativos da comarca chairega e, os outros, para aqueles que cheguen desde colexios, escolas ou institutos doutras partes de Galicia.

Os galardóns concederanse nos niveis de educación infantil, nos tres ciclos de Primaria, os dous de Secundaria e en bacharelato e FP. Haberá premios para os tres mellores de cada nivel e especialidade, que se repartirán en material e libros valorados en 60 euros para o primeiro; 50, para o segundo, e 30, para o terceiro. Tamén haberá premios para os traballos colectivos, todos eles con lotes de libros.

Os interesados en participar no XLV Certame Terra Chá deberán enviar os seus traballos ás direccións dos centros de ensino ou ben envialos a Asociación Xermolos ou por correo electrónico a xermolos@xermolos.org. Tamén teñen a súa disposición o apartado de correos 4 co código postal 27300 de Guitiriz ou o teléfono 646 413 890.

O prazo para enviar as obras estará aberto ata o próximo 31 de maio e os premios entregaranse o domingo a tarde do XLV Festival de Pardiñas, que terá lugar a fin de semana do 3 e 4 de agosto.

0.16963481903076