Xermolos, en Guitiriz, celebrará os seus 50 anos cun xantar

TerraChaXa
Baixo o lema Festa e xantar, a entidade prepara unha celebración especial con comida e música en directo
50-anos-xermolos
25 Oct 2026

A asociación Xermolos, en Guitiriz, celebrará o vindeiro sábado 14 de novembro os seus 50 anos de historia cunha festa e xantar no restaurante A Casilla, nunha xornada que busca reunir a veciños, amizades e persoas vinculadas ao colectivo para conmemorar medio século de compromiso coa cultura, a comunidade e a vida social.

Baixo o lema Festa e xantar, a entidade prepara unha celebración especial na que o xantar dará comezo ás 12.00 horas, no restaurante La Casilla. A partir das 13.30 horas, o mesmo espazo acollerá música en directo para prolongar a festa e compartir unha xornada de encontro e convivencia.

A celebración servirá para lembrar a traxectoria dunha asociación que, ao longo destes 50 anos, traballou para incentivar novas canles de colaboración a prol da veciñanza, construíndo día a día un proxecto colectivo cunha forte raigame nas aldeas.

Desde Xermolos destacan a importancia da cultura como sementadora de igualdade e progreso, así como o valor dunha historia compartida que continúa a construírse. A entidade reivindica tamén a tradición, a lingua, a cultura e a participación social como elementos fundamentais dunha identidade que se mantén viva a través das diferentes celebracións e iniciativas.

A asociación quere que esta festa sexa unha oportunidade para agradecer a todas as persoas que contribuíron a facer posible estes 50 anos de actividade, así como para compartir a ilusión por seguir adiante. O aniversario chega cun sentimento de comunidade e de orgullo polo camiño percorrido, lembrando que "Pardiñas dasme a vida".

O prezo do xantar será gratuíto para os nenos e nenas de ata 6 anos, de 15 euros para os menores de entre 6 e 11 anos e de 25 euros para os adultos. As entradas poderán adquirirse nos puntos de venda habilitados en A Casilla, Soa, Xoldra e Teixido.

O prazo para mercar os tickets rematará o venres 6 de novembro. A organización lembra que o aforo é limitado e que non se realizarán reservas nin vendas en liña.

Con esta celebración, Xermolos convida a toda a veciñanza a participar nunha xornada especial para celebrar cinco décadas de compromiso, cultura e amizade, e brindar por moitos anos máis de asociacionismo.

0.15956616401672