Xermolos pon en marcha un club de lectura para público adulto en Guitiriz

TerraChaXa
As sesións celebraranse dous mércores ao mes, en horario de 19.30 a 20.30 horas, e serán de balde
tablet-literatura-libros-diccionario-poesia
18 Oct 2026

A Asociación Cultural Xermolos porá en marcha o Club de Lectura Xermolos, unha nova iniciativa dirixida ao público adulto que comezará o mércores, 21 de outubro, na Escola Habanera de Guitiriz.

As sesións celebraranse dous mércores ao mes, en horario de 19.30 a 20.30 horas, e serán de balde. A proposta nace co obxectivo de crear un espazo de encontro arredor da lectura, no que as persoas participantes poidan compartir o seu interese polos libros e intercambiar impresións.

A primeira xuntanza terá lugar o mércores 21 de outubro. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través do correo electrónico asociacionculturalxermolos@gmail.com.

A iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Xermolos e conta coa colaboración do Concello de Guitiriz. Desde a organización animan a todas as persoas afeccionadas á lectura a sumarse a esta nova proposta cultural.

0.15196108818054