Xermolos proxecta este venres en Guitiriz un documental sobre o proxecto de Altri

TerraChaXa
Ao finalizar haberá un coloquio coa participación de membros de Ulloa Viva
proxeccion-guitiriz-altri
Cartel do evento
27 Xuño 2024

A asociación Xermolos xunto ao Festival de Cine de Roca organizan unha nova proxección. Será o venres 28 de xuño, ás 21:00 horas, na Casa Habanera, e poderá verse o documental Altri: A sede Insostible.

Despois da proxección terá lugar un coloquio con Elena Martín e Pablo Santiago, do colecctivo Xarda; o Salto Galiza, e membros da Plataforma Ulloa Viva.

O audiovisual percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora, desde o punto de recollida de 46 millóns de litros diarios en Brocos, ata O Sexo, onde será devolta parte da auga, tratada e máis quente.

Esta proxección forma parte dun ciclo co que Xermolos quere desenvolver unha programación cinematográfica durante todo o ano, unha sesión unha vez ao mes. Co nome Vaia Cine! iniciaron o pasado mes de xaneiro con Julia a partir dunha idea que xurdiu durante a celebración do Festival de Música de Cine de Roca.

A liña común destas películas será unha vinculación coa etnografía e a defensa dos dereitos humanos e da xustiza social e buscando a equidade de xénero ou a presenza do galego.

Na programación incluiranse filmes de actualidade así como outros estreados tempo atrás os cales se considera oportuno desde a organización recuperar polo seu interese social ou etnográfico.

0.18541693687439