Xornadas de portas abertas do Club Loita Olímpica Vilalba no mes de setembro

TerraChaXa
Adestran desde o 9 de setembro os luns, mércores e venres a partir das 17.00 horas
loita-olimpica-vilalba
8 sep 2024

Durante o mes de setembro todas e todos os que queiran coñecer a loita olímpica poden participar gratuitamente nos adestramentos do club vilalbés.

Para inscribirse ou calquera consulta están na Sala de Loita do Auditorio Municipal nos horarios de adestramento destas xornadas a partir do 9 de setembro. Así, os pequenos de 5 a 6 anos estarán os mércores e venres de 17.00 a 18.00 horas. O resto adestran tres días á semana, os luns, mércores e venres, de 18.00 a 19.00 horas os de 7 a 8 anos e unha hora máis tarde os de 9 a 12.

Finalmente, de 20.00 a 21.30 horas é a vez dos rapaces e rapazas de 13 a 16 anos.

0.082891941070557