Xosé Manuel Carballo e Mario Outeiro recibirán o sábado as Mans da Irmandade en Meira


A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos celebrarán este sábado 21 de setembro un ano máis a Festa da Afirmación e Dignidade en colaboración co Concello de Meira, na súa XII edición.
O acto, que se celebra no Pedregal de Irimia terá lugar ás 12.00 cunha lectura do resumo do Manifesto da Afirmación e Dignidade, que se entregará en impresión abreviada, da autoría de Baldomero Iglesias Mero.
Como todos os anos van a compartirse simbolicamente manifestos e proclamas de distintos colectivos da defensa da liberdade, da natureza e reinvidicacacións da Asociación Avelino Díaz, Adega e Madia Leva. Esta celebración anual reivindica o simbolismo e a paisaxe do Pedregal “e o nacemento do pai dos nosos ríos”.
Este ano as Mans da Irmandade, obra de Manolo Pardo, son para Xosé Manuel Carballo e para Mario Outeiro. No primeiro caso farase entrega do distintivo á familia deste crego, pensador e "ilusionador". O profesor Mario Outeiro recibirá el mesmo a Man.
Máis tarde haberá un xantar e a animación musical estará a cargo do Gaiteiro Nubeiro Raúl Galego.
