Xosé Manuel Felpeto presenta en Guitiriz o seu último libro

TerraChaXa
O escritor xermadés falará sobre a súa obra ‘Branco xiz tirando a negro’ nun acto que dará comezo ás 19:00 horas
presentacion-libro-felpeto-guitiriz
13 Nov 2024

A Biblioteca Casa Habanera de Guitiriz acollerá este sábado, 16 de novembro, a presentación do libro Branco xiz tirando a negro, do autor xermadés Xosé Manuel Felpeto Carballeira.

O acto dará comezo na biblioteca pública municipal ás 19:00 horas e conta con entrada de balde sen necesidade de reserva previa. Na presentación acompañarán ao escritor o concelleiro de Cultura, Ramón Rivas, o coordinador da Asociación Xermolos, Alfonso Blanco, e o mestre Juan Carlos Vivero.

Xosé Manuel Felpeto é un escritor nado en Cabreiros (Xermade) en 1961. Leva presidindo a AV de Cabreiros desde o ano 1997, ano no que se creou, sendo promotor e coordinador de eventos socio-culturais. É un amante do mundo do teatro, no que leva colaborando varios anos.

Como escritor, ademais de contar con obras como a novela O pau de ferro, tamén é colaborador en diarios. Branca xiz tirando a negro, publicado no ano 2023, é o seu último traballo.

0.16133308410645