Xotramu celebra este domingo a súa Festa de Xogos Tradicionais

TerraChaXa
Ademais, haberá unha representación teatral a cargo de Ghazafelhos, coa obra 'A máquina do tempo'
xotramu-xogos-tradicionais-muimenta-portada
Programa da xornada
1 Xuño 2024

Volve o 2 de xuño a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta, a única en Galicia dedicada aos xogos tradicionais que organiza Xotramu. A sesión comezará a partir das 16.00 horas, no campo da Igrexa Vella de Muimenta.

Volverán os xogos tradicionais e populares, que é o eixe da celebración pero o programa contará tamén con música a cargo Charanga 555. Ademais, haberá unha representación teatral a cargo de Ghazafelhos, coa obra A máquina do tempo.

Completarase a sesión coa celebración dun aberto de billarda.

A organización ten reservadas varias sorpresas para a ocasión.

festa-xogos-tradicionais-muimenta-xotramu
0.066040992736816