Xotramu convoca a XV edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta

TerraChaXa
Terá lugar a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta, o domingo, a única festa en Galicia de xogos tradicionais, que organiza Xotramu.
xotramu festa dos xogos tradicionais muimenta potada
xotramu festa dos xogos tradicionais muimenta potada
29 Maio 2023

Un ano máis, terá lugar a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta, o próximo domingo 4 de xuño, a única festa en Galicia adicada aos xogos tradicionais que organiza Xotramu. A sesión comezará a partir das 16.0o horas, no campo da Igrexa Vella de Muimenta.

Haberá xogos tradicionais e populares, que é o eixe da celebración pero o programa contará tamén con música a cargo Charanga 555. Ademais, haberá teatro de títeres a cargo de Mircronina e outras actividades e actuacións como Oh-pera, de Circo Chosco e maxia e globoflexia co mago Ian Richard Hamilton.

Completarase a sesión coa celebración dun aberto de billarda, agasallos e moitos xogos.

A sesión abrirase coa presentación do libro Xogos tradicionais gallegos para tempos de recollida, elaborado durante o confinamento.

Esta terá lugar ás 16.00 horas no Museo Pedagóxico de Muimenta coa participación de Manuel Vázquez Couto, investigadora; Paco Veiga, da AGXPT, e Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación. A presentación estará dirixida por Irene Díaz, de Xotramu.

festa xogos tradicionais muimenta
0.18143010139465