Xunta e Concello de Cospeito avalían actuacións para mellorar infraestruturas

TerraChaXa
O Goberno autonómico impulsou nos últimos meses obras na rede viaria, o parque empresarial ou en recursos turísticos
reunion-alcalde-cospeito-villares
3 Jul 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, no que avaliaron as actuacións que está a impulsar a Xunta no municipio para a mellora das infraestruturas e servizos.

Villares subliñou o apoio do Goberno galego aos concellos rurais para “incrementar as dotacións, dinamizar a economía local e ofrecer condicións de vida e de traballo que resulten atractivas para o establecemento das persoas mozas”.

Así, referiuse ás obras de reforzo do firme realizadas nos últimos meses en máis de 8 quilómetros de pistas e camiños ao abeiro do plan Camiña Rural e do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) da Consellería do Medio Rural; beneficiaron a nove núcleos das parroquias de Pino, Goá, Xustás, Sisoi, Roás, Rioaveso e Xermar.

Igualmente, a Xunta destinou 1,5 millóns de euros á rehabilitación da estrada autonómica LU-113 entre Xustás e Moncelos (Abadín), colaborou na reforma da rúa Curros Enríquez na Feira do Monte cun investimento de 363.000 euros, e mellorou os accesos peonís ao parque empresarial da localidade, cun orzamento de 57.600 euros.

Entre as próximas actuacións previstas destaca a mellora da accesibilidade ao miradoiro da Terra Chá, que promove o Concello e conta con 30.000 euros do Goberno galego. Cunha achega similar, veñen de acometer a adecuación exterior do Museo da Auga.

0.12057185173035