Xunta e Concello de Vilalba acordan crear unha parada para substituír á estación de autobuses

TerraChaXa
A Xunta e o Concello de Vilalba acordan a habilitación dunha nova parada de autobús na rúa Campo de Puente, que substituirá a actual da estación.
estacion autobus vilalba
25 Nov 2023

A Xunta e o Concello de Vilalba acordan a habilitación dunha nova parada de autobús na rúa Campo de Puente, que substituirá a actual da estación.

Este acordo tivo lugar na reunión mantida hoxe entre a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, María José Nistal, e o subdirector de Infraestruturas da Dirección Xeral de Mobilidade, Juan Vidal, coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

O Goberno galego presentou unha alternativa para dispoñer unha nova parada de autobús na rúa Campo de Puente, entre a estación de servizo e o supermercado existente.

Esta nova parada permitirá mellorar a resposta ás necesidades actuais con respecto á terminal, dado que nin a súa localización nin o seu dimensionamento son xa axeitadas.

Unha vez pechado o acordo, iniciaranse as tramitacións necesarias para a firma do correspondente convenio e a execución das obras.

A actuación materializarase a través dun convenio de colaboración entre a Xunta, que asumirá as obras de humanización e a colocación dunha marquesiña nesta nova parada; e o Concello, que deberá achegar os terreos e levar a cabo o mantemento das instalacións.

A Xunta tamén se manifestou disposta a avaliar a posibilidade de executar un baño público anexo á parada, sempre e cando o Concello de Vilalba se comprometa ao seu mantemento e limpeza.

0.20086693763733