Yanira Guizán e Aroa Rodríguez, convocadas pola selección española sub-19 de fútbol sala

TerraChaXa | AMariñaXa
O seleccionador feminino sub-19 de fútbol sala, Iñigo Martínez Corchete, fixo pública a convocatoria para os dous encontros amigables que España disputará en Portugal os días 23 e 24 de abril na localidade lusa de Serpa e na que estarán dúas luguesas como únicas galegas na convocatoria.
14 Abr 2024

O seleccionador feminino sub-19 de fútbol sala, Iñigo Martínez Corchete, fixo pública a convocatoria para os dous encontros amigables que España disputará en Portugal os días 23 e 24 de abril na localidade lusa de Serpa e na que estarán dúas luguesas como únicas galegas na convocatoria. A concentración comezará o domingo 21 en Sevilla, desde onde a expedición desprazarase a Portugal.

As internacionais realizarán tres sesións de adestramento antes dos encontros, que se disputarán o martes 23 de abril ás 18.00 horase o mércores 24 de abril ás 19.00 horas. España e Portugal enfrontáronse por última vez en xaneiro de 2023 nese mesmo escenario, con dúas vitorias españolas por 0-3 e 1-3.

As dúas luguesas que estarán na convocatoria son Yanira Guizán, porteira do Viaxes Amarelle, que é de Guitiriz e que se formou na canteira desta localidade. Con ela estará tamén Aroa Rodríguez, do Pescados Rubén Burela.

As dúas xogadores levan compartindo chamadas da selección galega desde pequenas e agora chegan xuntas tamén á selección española.

0.18087792396545