Zumaque actúa este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Este sábado, 3 de xuño, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle o concerto de Zumaque, banda de ritmos da música tradicional.
outeiro de rei zumaque casa museo manuel maria
1 Xuño 2023

Este sábado, 3 de xuño, ás 20 horas, a Casa-Museo Manuel María acolle o concerto de Zumaque, banda, esta, cunha proposta distinta e moi coidada polos diferentes ritmos da música tradicional, cunha absoluta renovación estética e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación.

Integrada por catro músicos cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais, Zumaque está formada pola arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo e o percusionista Miguel Cabana, vencellados a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, mais sempre comprometido coa música tradicional galega.

Cun traballo editado, Silván, o cuarteto procura pór en valor e dinamizar estruturas e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.

Para asistir ao concerto é necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

0.11930203437805