Novas de Muras
A Ruta BTT Terra Chá San Simón da Costa volve o 5 de abril
As inscricións xa están abertas en CCnorte.com ata o día 1 do mesmo mes
O PP de Muras cambiará o voto no Pleno para facilitar o pago das facturas pendentes
Eugenia Requeijo invita ao alcalde a sometelas de novo a votación "para favorecer que autónomos e pequenas empresas cobren"
Muras habilitará un cargadoiro para a venda de poldros o 9 de marzo
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
Atila celebra en Muras a xunta de socios e un xantar
Será este domingo, ás 13.30 horas, no local social
Os concellos do Camiño do Bispo únense para fixar o trazado
Os concellos reunidos nas Pontes manterán un novo encontro, o día 24 de febreiro no concello de Abadín
As quedadas laneiras das Pontes chegan ata Muras o día 9 de febreiro
Ademais de tecer, as participantes poderán compartir experiencias e técnicas ata as 19.00 horas
Puraga recibe o apoio da Xunta nunha xuntanza coa conselleira de Medio Rural
Teñen un convenio de colaboración para a execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos
Unha sentenza obriga á Xunta a pagar ao Concello de Muras parte dunha axuda polo arranxo dun camiño
Rebaixara a subvención máis de 7.500 euros alegando que se trataba da mesma vía aínda que o Concello demostrou que eran tramos diferentes
Sacan a concurso os dereitos caducados de varias minas en Ourol e Muras
13 explotacións están localizadas no seu territorio, das cales 7 son compartidas co concello veciño de Muras
Muras anima á veciñanza a redescubrir a figura de Castelao no 75 aniversario da súa morte
Publicou un bando no que rememora a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia e os feitos que aconteceron despois
O Instituto de Transformación Xusta fai balance da reinserción laboral nas zonas afectadas
O obxectivo é a súa recualificación e inserción profesional en actividades sostibles, como as renovables, as infraestruturas verdes, a rehabilitación enerxética ou a xestión de residuos
O pago das facturas trae dúas denuncias contra o Concello de Muras
O alcalde pedirá responsabilidade patrimoniais aos concelleiros da oposición por "dilación indebida"
Muras acolle un obradoiro interxeracional de Nadal organizado por Afalu
Os participantes poderán crear postais e adornos de Nadal para levar ás súas casas ou para agasallar
O PP recolle firmas en Viveiro, Ourol e Muras ante o estado das estradas provincias
Os deputados provinciais reclaman á Deputación que cumpla co seu "ambicioso plan de mellora da rede viaria"
Abre en Muras unha mostra fotográfica de Álvaro Lamas
Baixo o título 'Capturando a Natureza', pode visitarse na Casa do Médico, de luns a venres ata o 7 de xaneiro
O PP afea ao goberno da Deputación que non repare o firme desfeito polas quitaneves en Muras
Céntranse no estado da estrada de Silán a Ourol (LU-P-6502) ou a da Gañidoira ao Viveiró (LU-P-3402)
Muras conclúe as obras de rehabilitación e mellora de tres escolas rurais coa de Irixoa
Actuaron tamén nas de Silán e Viveiró, investindo 38.000 e 59.000 euros, respectivamente, e fixeron a remodelación nesta cun orzamento de 166.517 euros
A Fundación Ciuden destacan a boa acollida dos programas de Transición Xusta
Participaron preto de 20.000 persoas dos concellos afectados da zona de As Pontes e Meirama
A Fiscalía investigará á Xunta por presuntas ilegalidades para favorecer a unha mina en Muras
Organizacións sociais denuncian a tres directores xerais e funcionarios da Consellería de Industria por posibles delitos de prevaricación na concesión de permisos
Rematan as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética na escola rural do Viveiró
É un edificio de propiedade municipal destinada a usos múltiples para os veciños, así como para a celebración de actividades do Concello
Éxito de Muras no seu paso pola feira Xantar
Con esta participación, busca posicionarse como un destino gastronómico único, resaltando a riqueza dos seus produtos locais




