Skip to main content
AbadínActualidadeAgro TERRACHÁXAMurasXermade

Os alcaldes dos cinco concellos máis afectados polos ataques do lobo reúnense en Muras

Por 17 Outubro, 2018Sin comentarios

Os alcaldes das localidades de Xermade, Abadín, Ourol, Valadouro e Muras reuniranse neste último Concello para celebrar unha xuntanza na que o tema a tratar será a problemática do lobo.

A reunión terá lugar a partir das 10.00 horas na casa consistorial e ten por obxecto establecer conclusións e medidas a tomar para paliar os efectos que ten o lobo sobre a economía de todos estes municipios.

Nos últimos meses produciuse un incremento exponencial dos ataques destes animais ao gando e sen dúbida, estes cinco concellos son os máis afectados por esta situación, razón pola que os alcaldes convocaron esta reunión co obxectivo de establecer un programa de actuación.