Skip to main content
A PastorizaActualidadeFriol TERRACHÁXAGuitirizMeiraMurasPol TERRACHÁXAVilalbaXermade

Socialistas da Terra Chá reclaman á Xunta que cumpra cunha ducia de demandas veciñais

Por 12 Novembro, 2018Sin comentarios

Militantes socialistas da Terra Chá celebraron un novo Encontro Comarcal para abordar as principais demandas dos veciños da Comarca que o Partido Popular se nega a responder pois, tras anos  e anos de incumprimentos, volve a non incluílas no Orzamento da Xunta para 2019. A Secretaria de Organización do Partido Socialista na Provincia de Lugo, Mar Iglesias, subliñou que “os veciños da Terra Chá non existimos para o PP. Non nos teñen en conta tampouco no presuposto para o vindeiro ano. Tan só lles pedimos que cumpran coas súas competencias legais e que cando menos melloren as dotacións públicas que son da súa responsabilidade e que todos os veciños necesitamos para poder vivir con dignidade no noso rural”.

As principais demandas veciñais que resaltaron os socialistas da Terra Chá para a elaboración de emendas ao Orzamento da Xunta para 2019 son as seguintes:

Guitiriz:

– Limpar o embalse de San Xoán para rematar cos problemas de saneamento de auga. O Concello non recibe colaboración algunha do PP. Si a recibiu estando o PSOE na Xunta, pois Touriño investiu 800.000 euros para o embalse de Parga.

Meira:

– Rehabilitar o Centro de Saúde e PAC de Meira. O Alcalde leva anos pedindo esta actuación ao PP na Xunta, pero nada se fixo aínda que se trata dunha dotación social fundamental e que empregan 11.000 veciños da contorna xa que presta servizo á Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín e Meira.

Muras:

– Mellorar o acceso principal dende o pobo á estrada LU-540 de Cabreiros-Viveiro. Os veciños levan anos reclamando estes traballos debido ao seu lamentable estado, pois nin se fixo mantemento algún.

– Axudas económicas de medio ambiente e medio rural. Dende hai anos, pídense para combater o lobo e o xabaril, pero nunca se recibiron.

A Pastoriza:

– Fondos para arranxar a estrada une A Pastoriza con Riotorto que se atopa en mal estado e rexistra moito tránsito. Os Alcaldes de ambos os dous municipios pediron conxuntamente esta actuación ao PP no Goberno galego, pero este négase. Pola contra, o PSOE no Goberno da Deputación mellorou o treito deste vial que é da súa titularidade e polo tanto competencia, respondendo ás demandas veciñais.

– Dotación dun Centro de Día. Un proxecto redactado polo PSOE na presidencia da Xunta e que fixo desaparecer o PP cando o Concello xa tiña comprados os terreos.

Pol:

– Acondicionar un treito de 6 quilómetros da LU-760 de Mosteiro a Río Xoán. Actuación que levan anos reclamando os veciños polo mal estado desta vía.

Xermade:

– Arranxar a LU-170 de Momán a Cabreiros, en Xermade. Outro proxecto histórico que levan anos e anos demandando os veciños, posto que se trata dun vial que rexistra máis de 200.000 usuarios ao tratarse do principal acceso da zona cara a Santiago ou Viveiro. Houbo incluso manifestacións veciñais a maiores de todas as iniciativas que o PSOE levou á Concello, á Deputación e ao Parlamento, esixindo o seu arranxo. O PP comprometeu publicamente a arranxala con 8,5 millóns no ano 2010, pero nada se sabe dende entón e a estrada segue igual.

Vilalba:

– Dotación dun novo Centro de Día.

– Dotar de ascensor á Casa da Xuventude de Vilalba, unha dotación da Xunta que non cumpre coa Lei de accesibilidade.

– Fondos para a dotación dunha EDAR do Concello de Vilalba, que se comprometeu xa no ano 2009 e non existe.

– Humanizar a Praza de Santa María a súa contorna que se atopa a pé do Camiño.

Friol:

– Dotar dunha residencia e centro de día ao Concello, unha instalación social que levan tempo reclamando os socialistas pola súa necesidade veciñal, pois o 37% da poboación supera os 65 anos, conseguindo que se puxesen a disposición da mesma os terreos municipais necesarios. O PP comprometeuse publicamente coa súa execución, pero nada se fixo. Friol dispón dun centro de día privado.

– Arranxo integral da estrada Friol-Palas. Nos últimos anos,o Partido Popular comprometeu múltiples partidas para estes traballos, que nunca se executaron. Os veciños levan anos agardando pola mellora integral desta vía, en moi mal estado, que tampouco chegará no 2019.

– Traspasar o Punto de Atención á Infancia (PAI) ao C.P.I. Dr. López Suárez de Friol, pois o local actual non ten espazo suficiente. O Pleno Municipal aprobou no 2017 o cambio da súa localización, sen ter novas dende entón da Xunta.

– Rehabilitar o edificio do colexio público, pois cómpre de notables melloras.

Outeiro de Rei:

– Dotación dun Centro de Día. Unha das demandas históricas dos veciños deste municipio. Os socialistas levaron esta petición ao Pleno pero o PP votou en contra xustificado a súa negativa á existencia dunha residencia privada.

– Iniciar o proxecto de construción dunha piscina municipal. Os socialistas tamén levaron este asunto ao Pleno e o PP votou en contra.